Título node Learning object

XXI Certame Francisco Añón de Poesía
Lun, 20/02/2017 - 11:13
Cartel certame

Convoca

O Concello de Outes.

Participantes

Poderán participar todas as persoas interesadas, de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos en lingua galega. Os textos presentados deberán ser inéditos.

Categorías e premios

Categoría A: nenos/as de 6 a 7 anos.

Premios:

1.º clasificado: vale de 120 € en libros e publicación da obra galardoada.

Categoría B: nenos/as de 8 a 9 anos.

Premios:

1.º clasificado: vale de 150 € en libros e publicación da obra galardoada.

Categoría C: nenos/as de 10 a 11 anos.

Premios:

1.º clasificado: vale de 180 € en libros e publicación da obra galardoada.

Categoría D: rapaces e rapazas de 12 a 14 anos.

Premios:

1.º clasificado: vale de 210 € en libros e publicación da obra galardoada.

Categoría E: mozos e mozas de 15 a 17 anos.

Premios:

1.º clasificado: cheque por valor de 450 € e publicación da obra galardoada.

Categoría F: maiores de 18 anos.

Premios:

1.º clasificado: cheque por valor de 1200 € e publicación da obra galardoada.

Para a categoría E, as obras terán unha extensión mínima de 150 versos

Para a categoría F, as obras terán unha extensión mínima de 200 versos

Prazo

Ata o luns 3 de abril de 2017.