Título node Learning object

XXVI Concurso Patrimonio Nacional de Pintura Infantil e Xuvenil para Centros Escolares, curso 2016/17
Xov, 16/02/2017 - 14:16
Cartel concurso pintura

Descrición

Patrimonio Nacional convoca o Concurso de Pintura Infantil e Xuvenil para Centros Escolares, cuxo tema serán os interiores e/ou exteriores dos monumentos, xardíns históricos  e  fontes  de Patrimonio Nacional así como de todos aqueles palacios, residencias, catedrais e fundacións relixiosas vinculadas historicamente á Coroa española.

Destinatarios/as

Alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria (EP), e 1º e 2º de ESO procedentes de centros públicos, concertados, privados e de educación especial, situados dentro do territorio nacional.

Obxectivo

Incentivar no alumnado o coñecemento dos monumentos, palacios e mosteiros reais que integran Patrimonio Nacional, a través da súa expresión plástica.

Prazos

  • Inscrición: ata o venres 17 de marzo de 2017, inclusive.
  • Presentación dos traballos: ata o venres 7 de abril de 2017, inclusive.

Dotación

  • Primeiro premio de EP: Computador portátil e material de Belas 
  • Segundo premio de EP: Tablet e material de Belas Artes
  • Terceiro premio de EP: Cámara fotográfica e material de Belas Artes
  • Primeiro premio de ESO: Computador portátil e material de Belas Artes.
  • Segundo premio de ESO: Tablet e material de Belas Artes
  • Terceiro premio de ESO: Cámara fotográfica e material de Belas Artes