Título node Learning object

Concurso: vídeo-proxecto Oportunidades para reciclar
Xov, 16/02/2017 - 12:43
Imaxe do concurso

Descrición

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, ECOEMBES e SOGAMA, a través da campaña “Oportunidades Galicia – Separemos ben, Reciclaremos mellor”, convocan o concurso VÍDEO-PROXECTO OPORTUNIDADES PARA RECICLAR, consistente na creación dun vídeo-proxecto sobre a separación de residuos e a reciclaxe.

Obxectivo

Concienciar o alumnado sobre a necesidade de separar os residuos en orixe e depositalos nos contedores correspondentes para propiciar a súa posterior reciclaxe e contribuír con este xesto a protexer a contorna, garantindo así un maior benestar e calidade de vida para as xeracións actuais e futuras.

Destinatarios/as

Alumnado matriculado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou Bacharelato en centros docentes da Comunidade Autónoma Galega, tanto públicos como concertados e privados.

Temática

A separación de residuos e a reciclaxe, centrándose de forma prioritaria nas fraccións dos contedores amarelo (latas, briks e envases de plástico) e azul (envases de cartón e papel).

Requisitos

Os traballos poderán realizarse individualmente ou en grupo (ata un máximo de 10 participantes, debendo indicar o nome de todos os integrantes).

Prazo

Dende o 16 de xaneiro ata o 17 de abril de 2017.

Premios

Centro docente ao que pertenza o traballo gañador: Vale de 800 € canxeable por material educativo. Autor/autores do traballo gañador: entradas ao Parque Acuático de Cerceda (A Coruña) ou ao Parque Zoolóxico de Marcelle en Outeiro de Rei (Lugo), a escoller polo gañador ou gañadores. As persoas gañadoras deberán facer uso das entradas recibidas nun prazo máximo de 6 meses. O transporte non está incluído.