Título node Learning object

III Olimpiada de Xeografía de Galicia
Xov, 16/02/2017 - 12:18
Logo Olimpiada xeografía

Prazo

A data límite para inscribirse é o 28 de febreiro de 2017

Inscricións

Os centros docentes interesados deben cumprimentar o impreso de inscrición segundo os modelos facilitados en "Máis información". Debe haber un profesor responsable dos participantes.

As inscricións poden enviarse por correo electrónico a xeografosgalicia@gmail.com ou por correo postal á seguinte dirección:

Delegación Galega do Colexio de Xeógrafos Apdo. 41 – 15780 – Santiago de Compostela

Lugar e horario das probas

A olimpíada celebrarase o día 3 de Marzo ás 10:00 horas no Departamento de Xeografía de Santiago.

10:00 h. Presentación do acto.

10:30 h. Inicio da proba (duración aproximada dunha hora)

11:30 h. Almorzo de participantes e acompañantes.

12:15 h. Presentación dos estudos de Xeografía e da actividade profesional do xeógrafo.

12:45 h. Entrega de diplomas de participación e resultados