Título node Learning object

II Concurso "A mar de ciencia"
Ven, 27/01/2017 - 12:57
Logo La mar de ciencia

Período de inscrición

Do 18/11/2016 ao 10/03/2017

Información

Concurso nacional de debuxo, vídeo e relato destinado a novos artistas de primaria e secundaria interesados/as na ciencia e no mar. Establécense dúas categorías abertas a estudantes de todas as comunidades autónomas:

  • Categoría I: Primaria (6-11 anos)
  • Categoría II: Secundaria (12-17 anos)

Establécense tres modalidades de participación individual: debuxo, vídeo e relato. Tamén se poderá participar en grupo na modalidade de vídeo.

Todos os traballos, que poderán presentarse en español, catalán, galego, eúscaro e inglés, deberán estar relacionados coa visión, a percepción ou o coñecemento que os estudantes teñen da ciencia en xeral e das ciencias mariñas e da oceanografía en particular.

Convoca

CSIC a través da Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) nas Illes Balears xunto con SOCIB e a Fundación Bancaria "La Caixa" a través de Medclic.

Destinatarios/as

Estudantes residentes en España de Primaria, ESO, Bacharelato e dos ciclos formativos básico e de grao medio de FP que conten coa autorización dos seus pais, nais ou titores legais e teñan menos de 18 anos.

Dotación

Premio individual: os/as autores/as dos seis traballos individuais escollidos polo xurado, un por categoría e modalidade; o participante do traballo individual gañador da votación popular; e a persoa docente galardoada cunha mención especial do xurado serán premiados cunha viaxe científica a Mallorca durante un fin de semana de xullo de 2017.

Premio clase

Pola súa banda, as aulas que presenten os mellores vídeos serán premiadas cunha lousa dixital.