Título node Learning object

Real Sociedade Española de Física. Olimpíada internacional de Física, Fase Local 2017
Xov, 12/01/2017 - 11:27
Logo Olimpiada Física

 

Organizan

Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Fase nacional

Para a participación na Fase Nacional, que se celebrará en Xirona do 31 de marzo ao 3 de abril de 2017, cada Universidade designará, na Fase Local, tres estudantes de 1º e 2º de Bacharelato de centros públicos e privados, así como de CIFP.

Fase local

Para o desenvolvemento da Fase Local, as tres Universidades de Galicia, como en anos anteriores, acordaron realizar idéntica proba, celebrándose en cada Universidade o mesmo día e hora.

Unha vez seleccionado polos centros, o alumnado que vai participar na fase local deberá remitir ao coordinador da Olimpíada de Física unha ficha de cada un deles, segundo o modelo adxunto, debidamente cuberta e asinada.

Prazo

O prazo termina o 14 de febreiro de 2017.

Lugares e datas

As probas correspondentes da Fase Local celebraranse o día 17 de febreiro de 2017, ás 16:00 horas, nos seguintes centros:

  • Facultade de Física, Universidade de Santiago, SANTIAGO DE COMPOSTELA.
  • Facultade de Ciencias, Universidade da Coruña, A Coruña.
  • Facultade de Ciencias (Ciencias do Mar), Universidade de Vigo, VIGO.
  • Facultade de Ciencias, Universidade de Vigo, OURENSE.

O alumnado poderá elixir calquera dos centros mencionados para examinarse destas probas.