Título node Learning object

DICO Summit 2017
Mér, 11/01/2017 - 09:51
Logo Dico Summit 2017

Entidades organizadoras

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) en colaboración co Clúster Audiovisual Galego (CLAG) e o Clúster TIC Galicia, no marco do programa Viraxe TIC.

Descrición

Dico Summit 2017 é unha ventá a un futuro mellor, un escaparate para ver e deixarse ver, unha ocasión única para coñecer as últimas tendencias en contidos dixitais, entender como repercuten nos novos modelos de negocio e valorar o seu papel como dinamizador dos distintos sectores económicos.

Dico Summit 2017 é unha cita obrigada, un punto de encontro entre profesionais, empresas da economía dixital e tecnolóxica e estudantes.

Obxectivo

Amosar aos/ás ​profesionais galegos/as as oportunidades que supoñen as ​novas ​tendencias tecnolóxicas e modelos de negocio relacionados cos contidos dixitais.

Destinatarios/as

En xeral, vai dirixido a toda persoa que entenda onde estamos, cara a onde imos, que comprenda que estar á última xa non é unha opción e que os contidos dixitais son fundamentais para o desenvolvemento económico de calquera empresa, rexión ou país.

E en especial, diríxese a profesionais e emprendedores/as da área tecnolóxica, a representantes de sectores transformadores da economía dixital galega e ao alumnado que teñan interese no mundo dixital ou na economía dixital.

A asistencia é gratuíta previa inscrición. O aforo é limitado e no caso de acadar o aforo máximo habilitarase lista de espera.

Datas e lugar

24 e 25 de xaneiro de 2017

Edificio Cinc. Cidade da Cultura. Santiago de Compostela.