Título node Learning object

9.º Concurso Coca-Cola novos talentos. Premio de relato curto edición 2016/2017
Mér, 11/01/2017 - 10:10
Logo premio Novos talentos

Que é

Coca-Cola Iberian Partners, S.A. (en diante CCIP), conxuntamente coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, convoca o Concurso Coca-Cola Novos Talentos–Premio de Relato Curto de Galicia.

Obxectivo

Promover o desenvolvemento da expresión escrita e a lectura entre o alumnado de 2.º de ESO.

Prazo de inscrición

Aberto ata o 20 de febreiro de 2017.

Destinatarios/as

Poderá participar o alumnado que curse 2.º curso de ESO, coa condición de que non supere a idade máxima de participación de 16 anos. A solicitude efectuarase a través dos centros docentes.

Premios. Dotación.

  • Premios Ouro:

1) Unha medalla “COCA-COLA PREMIO OURO”

2) Unha tableta valorada en 250 €, ou premio de valor equivalente

3) Unha bolsa de deporte con artigos Coca-Cola

4) Un lote de experiencias valorado en 60 €, para o profesor do finalista.

  • Premios Prata:

1) Unha medalla “COCA-COLA PREMIO PRATA”

2) Unha cámara de fotos valorada en 100 €, ou premio de valor equivalente

3) Unha bolsa de deporte con artigos Coca-Cola

4) Un lote de experiencias valorado en 60 €, para o profesor do finalista

  • Premios Bronce:

1) Unha medalla “COCA-COLA PREMIO BRONCE”

2) Uns auriculares MP4 valorados en 90 €, ou premio de valor equivalente

3) Unha bolsa de deporte con artigos Coca-Cola

4) Un lote de experiencias valorado en 60 €, para o profesor do finalista