Título node Learning object

Concurso escolar 'Consumópolis12: Internet: fas un uso responsable?'
Lun, 19/12/2016 - 12:46
Logo BOE

Período de inscrición

Do 10/10/2016 ao 15/03/2017, ambos inclusive.

Convoca

Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición. Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.

Información

A Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición (AECOSAN) e as Comunidades Autónomas de Andalucía, Aragón, Principado de Asturias, Illes Balears, Canarias, Castela-A Mancha, Cataluña, Estremadura, Galicia, A Rioxa, Región de Murcia, País Vasco, Castela e León, Madrid, Navarra, Valencia e a Cidade de Melilla, organizan o concurso escolar 2016/17 "Consumópolis12: Internet: fas un uso responsable?", dirixido a escolares matriculados no terceiro ciclo de Educación Primaria e en Educación Secundaria Obrigatoria.

Obxectivo

Sensibilizar ao alumnado da importancia que ten realizar os actos de consumo de forma consciente, crítica, solidaria e responsable.

Requisitos

A participación no concurso materializarase a través das actividades que deberán desenvolver os concursantes no portal da internet Consumópolis, www.consumopolis.es, seguindo as instrucións xerais de participación que alí se detallan.

Destinatarios/as

Poderán participar neste concurso, en réxime de concorrencia competitiva, o alumnado que estea matriculado en calquera centro público, concertado ou privado do territorio nacional, nalgún destes tres niveis:

  • Nivel 1: Terceiro ciclo de Educación Primaria.
  • Nivel 2: Primeiro e segundo cursos de Educación Secundaria Obrigatoria.
  • Nivel 3: Terceiro e cuarto cursos de Educación Secundaria Obrigatoria.

Dotación

Os premios nacionais do concurso, para os tres niveis de participación, consistirán nun computador portátil ou tableta para cada un dos/as cinco concursantes e o/a docente que coordinase ao equipo gañador. Ademais, recibirán un diploma acreditativo como gañadores/as.

Os centros docentes aos que pertenzan os equipos gañadores recibirán un premio en metálico de 2.000 euros e un diploma acreditativo para o centro.