Título node Learning object

13º concurso de fotografía Xurxo Lobato
Lun, 19/12/2016 - 12:37
Fotografía

Convoca

Asociación de antigos/as alumnos/as do IES Monelos da Coruña.

Destinatarios/as

Alumnado de Educación Secundaria, Bacherelato e Formación Profesional de Galicia, cun límite de idade para presentarse de 21 anos.

Requisitos

O tema é libre. As fotografías poden presentarse en branco/negro ou cor. Máximo de 3 fotografías por participante. As fotografías serán en formato dixital e só se poderán enviar por correo electrónico.

Os autores/as deberán enviar as fotografías por correo electrónico a fotomonelos@gmail.com cos seguintes datos: nome e apelidos, DNI, idade, teléfono, enderezo, centro de estudo, curso e título para cada foto.

Bases

Pódese acceder ás bases premendo aquí.

Premios

1º premio: diploma e 250 €

2º premio: diploma e 150 €

3º premio: diploma e 100 €

O xurado considerará a posibilidade de conceder accesits con premios.

Premio especial para a realización dun proxecto fotográfico baixo a dirección de Xurxo Lobato.

Prazo 

Ata o 10 marzo de 2017.