Título node Learning object

VI Concurso Fotografía "A túa visión da Ciencia"
Mér, 30/11/2016 - 10:38
VI concurso fotografía "Tu visión de la ciencia"

Organismos responsables

Fundación Ramón J. Sénder e o Centro da UNED de Barbastro

Temática

A ciencia e a tecnoloxía, co fin de fomentar a creatividade científico-artística dos estudantes e o público en xeral, mostrando a imaxe como ferramenta de traballo. Dentro da temática citada englóbanse posibilidades moi diversas como a ciencia en xeral, astronomía, alimentación, investigación, flora e fauna, clima, medioambiente, industria, comercio, transporte, etc.

Requisitos

Poderase presentar un máximo de 2 obras por autor/a. Os traballos han de ser orixinais e inéditos, que non fosen presentados noutros concursos, e estar libres de dereitos que poidan corresponder a terceiros.

As obras deberanse presentar en formato dixital, preferentemente jpg, e recoméndase: tamaño de arquivo de entre 1 e 6 MBs (Megabytes). Resolución non inferior a 200 ppp (puntos por polgada).

As obras presentadas poderán estar realizadas con técnica libre e irán acompañadas dun título e un breve texto explicativo obrigatorios, en castelán, referente á obtención, contido, técnicas empregadas e manipulación da fotografía. En ningún caso o texto explicativo ou o título poderán permitir a identificación da autoría.

Destinatarios/as

Poderán participar todas as persoas que o desexen de forma individual, establecéndose dúas categorías:

  • 1ª categoría: aberta.
  • 2ª categoría: alumnos/as de 3º ciclo de primaria, ESO, Bacharelato e ciclos formativos de Formación Profesional.

As persoas participantes na 2ª categoría deberán ser menores de 18 anos.

Premios

  • Primeira categoría: 500 euros.
  • Segunda categoría: vale de 200 euros en material escolar.

Prazo

Do 11/11/2016 ao 11/12/2016