Título node Learning object

Encontro dixital: Diálogo estruturado. Acción Clave 3
Xov, 24/11/2016 - 13:22
 Cartel Diálogo estructurado

Que é?

O Diálogo Estruturado, enmarcado na Acción Clave 3 (KA3) do programa Erasmus+, é unha iniciativa da Unión Europea que promove a participación de mozos e mozas de todos os recunchos de Europa na vida democrática e fomenta o debate para a creación das políticas europeas de mocidade a través das deliberacións entre mozos e mozas e responsables destas políticas.

Participantes

Nestas actividades poden participar organizacións, asociacións ou ONG sen ánimo de lucro, ONG xuvenís europeas e organismos públicos locais ou rexionais.

Obxectivos

  • Difundir a natureza do Diálogo Estruturado e guiar a quen desexe presentar proxectos por primeira vez, ilustrando con exemplos e recomendacións prácticas como planificar, redactar e desenvolver un proxecto.
  • Contribuír a incrementar a calidade dos proxectos presentados entre aquelas entidades que xa foron beneficiarias do programa.

Mediante consellos, recomendacións, presentación de boas prácticas e testemuños de participantes en proxectos de Diálogo Estruturado ofreceranse pautas para mellorar a presentación e o desenvolvemento de bos proxectos.

Formato das intervencións

Os proxectos de Diálogo Estruturado poden adoptar a forma de reunións, conferencias, consultas ou actos.

Lugar e Datas

Este encontro dixital deberá seguirse en directo o martes 29 de novembro ás 12:00h na páxina web http://www.injuve.es/evento/erasmuska3 .

Pódense presentar experiencias ou dúbidas a través de Twitter usando o hashtag #ErasmusPlusDE.

Programa

Para ver o programa pique aquí.