Título node Learning object

Semana Europea da Robótica
Ven, 18/11/2016 - 09:54
Cartel da xornada de robótica Hisparob

Obxectivo

Sumarse á Semana Europea da Robótica para impulsar plans que axuden a superar temas pendentes na sociedade, como a brecha de xénero en tecnoloxía, a inclusión, o pensamento crítico que fomenta a corrente de roboética, a literatura de ciencia ficción, a arte e a música que inclúen tecnoloxía, o deseño de prototipos e a superación de retos en equipos.

No curso 2014/15 empezáronse a poñer en marcha accións para sumar sinerxias que implicasen poder logar unha maior sensibilización e penetración social, destes temas en particular e do STEAM en xeral. Para iso, comezouse unha cooperación estreita coa plataforma tecnolóxica Hisparob e, tras dous cursos intensos, xa existe un grupo de robótica educativa na súa organización.

Actividade

Tribo 2.0 convida a todo o profesorado a que estea representado na exposición permanente itinerante con:

  • Catro montaxes fotográficas nos que se mostre a actividade da aula ou centro en proxectos de robótica, en tamaño A4. No quinto constaría o nome do centro e do profesorado implicado e toda a información que se considere oportuno incluír. En total cinco folios A4.
  • Un vídeo duns 60 segundos no que se anime a iniciar plans de pensamento robótico e se coñeza o que se fixo no centro, en formato mp4.

O arquivo dixital enviarase a secretaria@hisparob.es.

Tamén se pode utilizar este formulario para poder aparecer no mapa europeo e así contribuír a que os recursos a nivel local sexan visibles e os de nivel nacional queden recolleitos, para poder establecer proxectos intercentros ou intercambios de información e de boas prácticas.

Este será o calendario de eventos:

  • luns: #pRobots Fotos de robots en twitter
  • martes: Xornada de Hisparob
  • mércores: #erobots Microrrelatos encadeados de robots
  • xoves: Lecturas en aulas de ciencia ficción elaborada por profesores ou contos clásicos en clave 2.0
  • venres: Cinema de ciencia ficción cunha selección ou coa lista elaborada por Filmin
  • sábado e domingo: Buscar eventos locais no mapa europeo para poder asistir en familia ou con amigos