XVII Concurso Hispanoamericano de Ortografía do curso 2016/2017

Ven, 21/10/2016 - 10:04
XVII Concurso Hispanoamericano de Ortografía do curso 2016/2017

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, consciente da relevancia da vertente escrita da lingua, a ortografía, como base dunha correcta escritura, considerou necesario potenciar o seu estudo e coñecemento, promovendo esta iniciativa en colaboración coas comunidades autónomas e os centros docentes. Por todo iso convocou o XVII Concurso Hispanoamericano de Ortografía para o curso 2016-17, co obxecto de fomentar o uso correcto da lingua castelá.

Destinatarios:

Alumnos e alumnas que se atopen matriculados durante o curso 2016/2017 no segundo curso de Bacharelato.

Fases:

O concurso desenvolverase en tres fases sucesivas:

  • Primeira fase: centro docente.
  • Segunda fase: Comunidade Autónoma de Galicia
  • Terceira fase: estatal.

O gañador ou a gañadora da segunda fase poderá participar na fase estatal, na que os dous primeiros clasificados serán premiados cun importe máximo de:

Primeiro premio: 1.000 euros.
Segundo premio: 500 euros.

Inscrición:

Data límite para inscribirse o centro educativo na primeira fase: 3 de novembro
Data límite de inscrición do alumnado seleccionado para participar na segunda fase: 10 de novembro

Menú Advertisement

Concursos

Sen términos