Listaxes coas puntuacións definitivas (período extraordinario) dos solicitantes admitidos e excluídos das prazas de residencia nos CRDs da Coruña e Ourense para cursar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2016/2017

Lun, 17/10/2016 - 08:52

Resolución do 17 de outubro de 2016 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publican as listaxes coas puntuacións definitivas das persoas admitidas, indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios socioeconómicos) e a puntuación total por ode descendente; a relación definitiva de persoas excluídas, indicando a causa de exclusión; e a relación de persoas adxudicatarias con indicación do centro docente no que están matriculadas, e de ser o caso, a relación de suplentes, correspondentes ao período extraordinario, de acordo co previsto no artigo 32 da Orde do 25 de maio de 2016 pola que se convocan prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2016/17 (DOG 108, do 8 de xuño de 2016).

Prazo para interpoñer recurso de alzada: 1 mes (remata o 17 de novembro de 2016) e deberá dirixirse ao respectivo Centro Residencial Docente.