Hora de ler

Convocatoria para incentivar o funcionamento dos Clubs de lectura en centros públicos durante o curso 2016/2017
Xov, 01/09/2016 - 16:30

Xúntase a convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se apoia o funcionamento dos Clubs de lectura en centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que impartan ensinanzas de educación secundaria, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial, para o curso 2016/2017.

  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de outubro de 2016.