Resolución definitiva de admitidos e excluídos de comisións de servizos por motivos de saúde (2016)

Xov, 14/07/2016 - 14:11

Publícase a Resolución definitiva de admitidos e excluídos das comisións de servizos por motivos de saúde do profesorado de educación infantil e primaria, do profesorado de educación secundaria, de formación profesional e de réxime especial e do profesorado de relixión para o vindeiro curso 2016/2017.

Así mesmo publícase o Anexo de solicitudes excluídas do profesorado que non realizou a súa petición a través da aplicación informática.