Orde pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2016/2017 ao persoal do corpo de mestres que non teña destino definitivo, profesorado desprazado por falta de horario, comisións de servizos...

Lun, 20/06/2016 - 09:00

Xúntase a Orde do 2 de xuño de 2016 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2016/17 ao persoal do corpo de mestres que non teña destino definitivo, ao que resulte desprazado por falta de horario, ao que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleiro ou concelleira, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral; ao persoal opositor do ano 2016, ao persoal interino ou substituto do corpo de mestres e ao que solicite o reingreso no servizo activo.

Prazo de cumprimentación da instancia na web

1. O prazo será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

2. Para o persoal opositor que supere o procedemento selectivo convocado pola Orde do 4 de abril de 2016, o prazo será de tres días naturais contados desde o seguinte ao da publicación da lista de aprobados polos tribunais.