Convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2016/2017

Mér, 08/06/2016 - 08:56

Xúntase a Orde do 23 de maio de 2016 pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros non universitarios sostidos con fondos públicos para o curso 2016/17.

  • O prazo límite de presentación de instancias será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia rematando o o 8 de xullo de 2016

Poden participar nesta convocatoria os centros non universitarios incluídos nos seguintes apartados:
a)    Centros de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:
 

  • Os centros integrados no programa en convocatorias anteriores (2005 a 2014), que recibirán asignacións para fondos.
  • Os centros integrados na convocatoria de 2015 (Plambe _11), que poderán recibir tamén contías destinadas á outros conceptos (mobiliario ou outro equipamento), así como para gastos de funcionamento específicos.

    Seleccionaranse 30 novos centros, para a súa integración no Plan de mellora de bibliotecas escolares no curso 2016/2017 (número que poderá incrementarse no caso de producírense baixas ou renuncias de centros xa integrados anteriormente no Plambe). En igualdade de puntuación terán preferencia os centros situados en concellos rurais.

b)    Centros privados concertados:

    Seleccionaranse 10 centros privados concertados, aos que se destinará unha liña de axudas para a mellora da biblioteca escolar, que deberán reunir os mesmos requisitos e que adquirirán as mesmas obrigas que o resto dos centros que se integran neste programa.