Título node Learning object

Ciclo de cine infantil na Fundación SGAE
Lun, 21/03/2016 - 09:38
Logo

A Fundación SGAE bota a andar unha programación de cine os martes dos meses de abril e maio. Esta nova andaina inaugúrase co "Ciclo Máxicos Galegos", protagonizado polo cine de animación infantil, que arrancará en abril coa proxección de catro filmes galegos premiados nos Goya. No mes de maio o motivo temático será as bandas sonoras.

Destinatarios: alumnado de infantil e primaria.
Prezo: pases gratuítos
Data: martes 5, martes 12, martes 19 e martes 26 de abril de 2016
Horas: 11.00 h pases escolares no programa Cinemaescola; 18.00 h pases libres
Lugar: Fundación SGAE. Rúa das Salvadas 2A. Parque de Vista Alegre. Santiago de Compostela (A Coruña)

Para programar pases escolares cómpre realizar a reserva a través da SGAE e proporcionar os seguintes datos: nome do centro, núm. de asistentes, enderezo do centro, teléfono de contacto.

Para obter máis información pódese consultar o programa que se achega ou contactar na SGAE con Patricia Blanco no teléfono 981 569 082 ou no correo electrónico pblanco@fundacionsgae.org.