Publicación da adxudicación provisional do concurso de traslados entre persoal docente, convocado pola Orde do 13 de xaneiro de 2016

Xov, 10/03/2016 - 14:20

Publicada a adxudicación provisional do concurso de traslados 2016

Pódese consultar a adxudicación no seguinte enlace

De acordo co establecido na base vixésimo oitava, o persoal concursante poderá presentar reclamacións á resolución provisional no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da adxudicación de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Igualmente, e no mesmo prazo, o persoal concursante poderá presentar renuncia á súa participación no concurso.

As persoas que desexen renunciar á súa participación no concurso deberán realizar a renuncia aínda no suposto de que non obtivesen destino na resolución provisional, xa que, de non facelo, poderán obter destino na resolución definitiva.

O prazo, tanto para as reclamacións, como para as renuncias será desde o día 11 ao 21 de marzo, ambos incluídos.

As reclamacións e renuncias presentaranse polos procedementos a que alude a base vixésimo primeira, podendo envialas, unha vez rexistradas a: