Convocatoria de concurso para a elaboración dunha exposición sobre o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2016

Mér, 21/10/2015 - 08:43

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, de conformidade co establecido no artigo 16 do Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG núm. 13, do 18 de xaneiro de 2013), con motivo do Día das Letras Galegas, convoca un concurso para a elaboración dunha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado en 2016, Manuel María Fernández Teixeiro, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que este viviu.

Premio: os grupos de traballo que elaboren as exposicións gañadoras recibirán cadanseu premio en metálico por importe de 2.000,00 €

O prazo de presentación dos traballos remata o día 22 de xaneiro de 2016