Título node Learning object

Premio Iberoamericano Educación en Dereitos Humanos OEI-Fundación SM “Óscar Arnulfo Romero” – Convocatoria España
Xov, 24/09/2015 - 12:49
Logo do Premio Iberoamericano de Educación en Dereitos Humanos

A Organización de Estados Iberoamericanos – OEI, o seu Instituto Iberoamericano de Educación en Dereitos Humanos – IDEDH, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD) e a Fundación SM, convocan este premio co obxectivo de recoñecer o traballo de institucións educativas que actuaran de xeito exemplar na defensa e promoción dos Dereitos Humanos a través da educación.

As institucións educativas poden ser Administracións Educativas, Centros de Profesores, Apoio e Recursos e Centros docentes no ámbito da Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Educación de Persoas Adultas.

As candidaturas que se presenten deben estar integradas nalgunha das seguintes liñas de actuación:

  • Programas a favor da convivencia na escola, comunidade e/ou sociedade
  • Programas a favor da paz
  • Programas a favor da liberdade de pensamento, de conciencia, de relixión, de opinión e de expresión
  • Programas a favor do benestar social e cultural
  • Programas para erradicar a discriminación a outros grupos culturais, minoritarios, de xénero, identidade sexual ou discapacidade
  • Programas de sensibilización e coñecemento dos Dereitos Humanos

A admisión dos traballos pode realizarse ata o 25 de outubro, inclusive.

Máis detalles de participación, na ligazón aportada da convocatoria destes premios.