Convocatoria para participar no Programa Atrévete 2015/2016

Mar, 22/09/2015 - 09:13
 Convocatoria para participar no Programa Atrévete 2015/2016
Convocatoria para participar no Programa Atrévete 2015/2016

Este programa que se desenvolve no marco do Plan eduemprende vai dirixido a fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria no espírito emprendedor.
Está dirixido ao alumnado de 5º e 6º de primaria así como de 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.
As actividades terán lugar os venres desde novembro a maio polo que os centros poderán solicitar a súa participación nun destes venres.

Toda a información sobre esta convocatoria pódese descargar no arquivo anexo.

O prazo de solicitude remata o 15 de outubro de 2015.

Ligazón ao Programa Atrévete