Título node Learning object

Convocatoria 2015 do programa nacional para a educación complementaria de alumnos “Rutas Científicas e Literarias"
Ven, 04/09/2015 - 12:22
Logo do Ministerio de Educación, Cultura e Deportes

O Programa de “Rutas Científicas, Artísticas e Literarias” pretende ademais de dar continuidade  aos coñecementos recibidos polo alumnado na  aula, mellorar e presentar de forma máis atractiva a formación recibida nos  seus respectivos centros, a través de contornos máis experimentais e visuais.

Destinatarios:
Alumnado de centros educativos españois ordinarios sostidos con fondos públicos, en territorio nacional dos seguintes niveis educativos: 5º e 6º de educación primaria, ESO, Bacharelato,  ciclos de grao medio de formación profesional e ciclos de grao medio de ensinanzas artísticas.

Prazo de presentación: ata o 10 de setembro de 2015.

Para máis información, consultar a ligazón web aportada abaixo (BOE 11/08/2015)