Listaxes provisionais de admitidos e excluídos das prazas de residencia nos CRD da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2015/2016

Lun, 31/08/2015 - 08:45

Resolución do 31 de agosto de 2015 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de solicitantes excluídos, indicando a causa de exclusión, e as listaxes coas puntuacións provisionais de todos os solicitantes admitidos, indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios  socioeconómicos) e a puntuación  total por orde descendente, de acordo co previsto no artigo 29 da Orde do 9 de xuño de 2015 pola que se convocan prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2015/2016 (DOG 114, do 18 de xuño de 2015).

  • Prazo para presentar reclamación: 5 días hábiles (entre os días 1 e 5 de setembro de 2015), que deberán dirixirse ao respectivo Centro Residencial Docente.