Convocadas prazas de residencia nos centros residencias da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2015/2016

Xov, 18/06/2015 - 09:20

Xúntase a Orde do 9 de xuño de 2015 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residencias da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2015/16.

  • O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:
    • Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 17 de xullo de 2015.
    • Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 7 de agosto de 2015.