Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Portfolio Europeo das Linguas

Volver Portfolio Europeo das LinguasRequisitos:

1. Deseñar unha actividade por trimestre e nivel non recollida nas guías do profesorado, segundo os modelos facilitados, acompañados de outros documentos e formatos que as apoien:

      Estas actividades serán enviadas por e-mail nas seguintes datas:

            1º trimestre ata o 9 de febreiro de 2017.

            2º trimestre na semana do 03 ao 07 de abril de 2017.

            3º trimestre na semana do 05 ao 09 de xuño de 2017.

3. Realizar unha memoria da implementación do Portfolio de Linguas ao remate do curso escolar.

O modelo a cubrir será enviado por correo electrónico á persoa coordinadora do Portfolio no centro. O prazo de entrega da mesma abranguerá dende o 5 ao 9 de xuño de 2017.

(A documentación deberá remitirse a: Programas Europeos, Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa; Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Edificio Administrativo San Caetano s/n; 15781 Santiago de Compostela.)