Concurso de méritos específico para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería (2015)

Xov, 05/03/2015 - 08:30

Xúntase a Orde do 19 de  febreiro de 2015 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica de educación 2/2006, do 3 de maio,  para cubrir  postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.

  • O prazo para a presentación de instancias para tomar parte nesta convocatoria, dirixidas ao director xeral de Centros e Recursos Humanos, será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte  ao da publicación da presente Orde no Diario Oficial de Galicia