Relación de centros inscritos na acción "Voluntariado de lectura-A", incluída no programa Bibliotecas Escolares Solidarias

Mar, 23/12/2014 - 11:52

Con data 24 de novembro de 2014 publicábase a resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convocaba, por segundo ano consecutivo a acción denominada "Voluntariado de lectura - A", destinada a recoñecer os labores de colaboración coa biblioteca escolar de alumnado de 5º e 6º de primaria, nun traballo de voluntariado cultural baixo a supervisión do Equipo da biblioteca.

Rematado o prazo de presentación de inscricións, dáse a coñecer a relación dos centros inscritos nesta iniciativa.

Os centros deberán presentar memoria de actividades levadas a cabo por este alumnado, segundo as modalidades nas que se inscribiron, antes do 25 de abril de 2015.

Entre as memorias presentadas, elixiranse catro centros galegos, dos que un máximo de 50 alumnos en total participarán nunhas xornadas de convivencia que terán lugar a finais de maio/comezos de xuño no CRD da Coruña (Culleredo). Esta actividade realízase en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.