Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Ábrese o prazo para solicitar a participación no programa de Voluntariado de lectura-A para o curso 2014/2015, destinado a centros que contan con alumnado de 5º e 6º de primaria como colaboradores da biblioteca escolar

Lun, 24/11/2014 - 13:43

Xúntase a Resolución do 24 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Centros e RRHh pola que se abre o prazo para solicitar a participación no programa de Voluntariado de lectura-A para o curso 2014/2015, no que poden participar os centros que contan con alumnado de 5º e 6º de primaria que colabora na xestión e dinamización da biblioteca escolar e noutras actividades relacionadas coa lectura compartida, dentro e fóra do centro. Esta iniciativa, froito da colaboración coa  Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, vai destinada aos centros de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de decembro.