Preto de 100 docentes participan nas xornadas de formación do profesorado organizadas por Cultura e Educación en Lobios e dirixidas a facilitar a implantación da LOMCE

O director xeral de Educación participou esta mañá no encontro, que afondou en temáticas como a do ensino competencial

Mér, 05/11/2014 - 18:30
O director xeral de Educación participou esta mañá no encontro
O director xeral de Educación participou esta mañá no encontro

O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación, Manuel Corredoira López, participou esta mañá nas xornadas de formación do profesorado organizadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Lobios, un encontro enmarcado no Plan de Formación do Profesorado do curso 2014/2015 que contou coa participación de preto de 100 docentes.

Un dos obxectivos desta actividade é o de facilitar a implantación dos novos currículos de educación Primaria e de FP Básica adaptados á Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), a través dun diferentes relatorios nos que se afondou no cambio que se está a producir cara a un modelo formativo baseado nas competencias clave. Para iso, participaron no encontro asesores técnicos docentes de Valencia e Castela e León, así como persoal do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) e do Centro de Formación e Recursos de Ferrol. Así mesmo, presentáronse algunhas experiencias de centro, en concreto do CEIP O Carballal e o CPI de Atios.

Nestas xornadas proporcionouse ademais formación aos asesores de FP arredor de temáticas tan relevantes como a formación para desempregados e a acreditación das competencias obtidas pola experiencia laboral, as novas ensinanzas de FP Básica, o deseño de plans desde unha perspectiva de competencias profesionais, así como se ofreceu un afondamento na FP a distancia e FP Dual.

Plan base e actividades engadidas

As xornadas enmárcanse no Plan de Formación Continúa do Profesorado, unha estratexia que está a medrar de xeito cualitativo e cuantitativo. De feito, o plan base - que se vai engrosando ao longo de todo o curso- para o 14/15 incrementou nun 12,3% o número de prazas respecto das curso anterior. Así, a estrutura básica do Plan do presente curso está conformada por 19.275 prazas, 359 actividades e 11.500 horas de formación.

Ademais, a Consellería deseñou actividades específicas un plan específico de formación do profesorado para a implantación do currículo de educación primaria adaptado á LOMCE co fin n as accións deste plan específico as accións formativas xa programas dentro do Plan Anual de Formación, en concreto 13 cursos e xornadas para preto de 1.000 docentes. Estes cursos sumáronse ás accións realizadas nos últimos meses arredor da nova Lei,  tales como a presentación do proxecto de currículo ante máis de 600 docentes o 24 de maio de nos II Encontros de Educación Infantil e Primaria, nunha mesa redonda aberta a debate na que participaron as persoas redactoras; ou as 10 xornadas formativas desenvolvidas en xuño, noutras tantas localidades, dirixidas a todos os centros de educación primaria nas que se convocaron as persoas directoras, as xefas e xefes de estudo e as persoas orientadoras.

Menús News node R