Listaxe provisional de persoas coordinadoras e titoras acreditadas para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2014/2015

Mér, 15/10/2014 - 11:05

Xúntase a listaxe provisional de persoas coordinadoras e titoras acreditadas para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster do profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de idiomas, na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2014-2015.

Segundo o artigo 5 da Resolución do 4 de setembro de 2014 (DOG 12/09/2014), pódense realizar alegacións a estas listas ata o 31 de outubro de 2014. Estas alegacións enviaranse ao enderezo electrónico formacion.fprofe@edu.xunta.es