Convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2014/2015

Ven, 12/09/2014 - 08:40

Xúntase a Resolución do 4 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas, na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2014/15.

  • O prazo de presentación das solicitudes dará comezo o día seguinte ao da súa publicación e rematará o día 6 de outubro de 2014. Tendo ata o 31 de outubro de 2014 para realizar as alegacións que se consideren ás listas publicadas.