Premios Nacionais de Educación Secundaria Obrigatoria

Mér, 01/10/2014 - 08:45
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convocou a través da Resolución de 4 de setembro de 2014, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades (BOE do 15 de setembro de 2014), os Premios Nacionais de Educación na Educación Secundaria Obrigatoria  correspondentes ao ano 2014, na categoría de rendemento académico do alumnado.
A finalidade destes premios é outorgar recoñecemento ao especial aproveitamento do alumnado que cursase cun rendemento académico excelente a Educación Secundaria Obrigatoria

Destinatarios, requisitos e condicións de participación

Poderá optar a este premio o alumnado que, despois de cursar cuarto de Educación Secundaria Obrigatoria durante o curso académico 2013-2014, reúna ademais os seguintes requisitos:
  • Ter cursado toda a Educación Secundaria Obrigatoria en calquera dos centros docentes españois, ben en réxime presencial, ben en réxime a distancia.
  • Ter obtido no conxunto da etapa unha nota media igual ou superior a 9,0 puntos. A nota media será a media aritmética das cualificacións de todas as materias dos catro cursos de Educación Secundaria Obrigatoria, redondeada á centésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior. Non se terán en conta no devandito cálculo, as cualificacións de «aptas», «exentas» ou «validadas».
  • Ter obtido na avaliación final de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria unha cualificación de sobresaliente nas materias obxecto da proba.
Solicitudes: prazo de presentación e lugar
  • O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados a partir do 15 de outubro 2014.
  • As solicitudes presentaranse na forma seguinte: deberase cumprir e rexistrar o formulario de inscrición que será accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte: https://sede.educacion.gob.es, sección «Trámites e servizos».