Puntuacións definitivas e relación de excluídos definitivos nas especialidades de Sistemas Electrónicos e Sistemas Electrotécnicos e Automáticos, Mecanizado e Mantemento de Máquinas, e de Alemán

Mar, 01/04/2014 - 08:32

Xúntase o Anuncio do 20 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións definitivas e a relación de excluídos definitivos nas especialidades de Sistemas Electrónicos (590124) e Sistemas Electrotécnicos e Automáticos (590125) do corpo de profesores de ensino secundario, Mecanizado e Mantemento de Máquinas (591211) do corpo de profesores técnicos de formación profesional, e na especialidade de Alemán (592001) do corpo de escolas oficiais de idiomas, abertas entre outras, polo Anuncio do 30 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia do 17 de outubro).

Para poder consultar os baremos poden acceder desde o servizo que aparece máis abaixo  (https://www.edu.xunta.gal/substitutoslistas/ListadoSubstitutosListaAberta.do) e buscar a lista que corresponda, en cada caso, abrindo posteriormente a ligazón que permite consultar o baremo.

No caso de ter que facer reclamación ao baremo provisional farase dentro do prazo que se indica no correspondente anuncio que se publica no DOG e que tamén aparece publicado na web.

A reclamación presentarase por escrito en calquera dos rexistros oficiais ou por correo certificado e dirixido á Subdirección Xeral de Recursos Humanos da Consellería de Educación (Edificio administrativo San Caetano s/n,15781 Santiago de Compostela) indicando os datos necesarios: NIF, Nome e apelidos, disciplina pola que se presenta, motivo da reclamación, etc.