Título node Learning object

II Rally sen Fronteiras 2014
Ven, 17/01/2014 - 10:27
IGACIENCIA

Xa está aberta a inscrición no II Rally científico e matemático sen Fronteiras que comezará en marzo de 2014 e que terá a superfinal en Toulouse no mes de maio. Esta actividade ten como obxectivo promover a ciencia e as matemáticas entre os estudantes, demostrar que estes temas non están reservados para a elite, son atractivos e accesibles para todos, favorecer o traballo colaborativo, vivir as ciencias e matemáticas valorando imaxinación, dinamismo e creatividade e abrir as fronteiras e participar xunto nun mesmo concurso de Ciencias e Matemáticas con alumnado doutros países.

Poderán participar o profesorado de Matemáticas con alumnado de ESO e profesorado de Ciencias (Física e Química ou Bioloxía e Xeoloxía) con alumnado de 4º da ESO.

Pasos a seguir:

  • Tratar o tema da participación na aula. Elixir 8 alumnas e alumnos entre os motivados a participar.
  • Inscribirse na web neste enlace.
  • Preparar ao alumnado.
  • O día 17 de marzo, o día da proba, ás 16:00 horas (un pouco antes) preparar unha aula cun ordenador con conexión á wifi ou Internet do centro. Un profesor pode estar con varios grupos de calquera materia (cada un deles con acceso a un portátil con Internet). Non se ten que desprazar a ningún outro centro.
  • Recibida a proba, os alumnos deberán poñer as solucións nunha páxina web de Igaciencia, con algunhas explicacións dos pasos que seguiron. De ter problemas con Internet deberán envialo por email en formato odt ou word.
  • Corrixidas as probas, en poucos dias se convocarán aos tres primeiros grupos de cada concurso a Santiago, realizadas as probas e corrixidas pola organización e o profesorado participante, se declararán os gañadores. Ese mesmo día farase a entrega de premios.
  • Semana do 23 de maio os 40 alumnos dos 5 grupos gañadores, ademais de facer unha viaxe ás principais atraccións de Toulouse (AirBus, Cité des sciences, Carcasonne,..) participarán nas probas o día 23. Cada grupo deberá ir acompañado dun profesor.