Título node Learning object

Ábrese a convocatoria de propostas do novo programa da UE Erasmus+
Ven, 13/12/2013 - 13:29
Erasmus+

A Comisión Europea abre a convocatoria de propostas de Erasmus+, o novo programa da Unión Europea en materia de educación, formación, xuventude e deporte para o período 2014-2020. Esta nova iniciativa engloba os anteriores programas europeos de todos os sectores da educación: os de aprendizaxe permanente, os de xuventude en acción e outros cinco programas internacionais (Erasmus Mundus, Tempus, Alfa, Edulink e o programa de cooperación con países industrializados).

As condicións detalladas da convocatoria da propostas figuran na Guía do Programa Erasmus+, onde tamén pode atopar información relevante. Os formularios electrónicos de solicitude non estarán dispoñibles hasta finais do próximo mes de xaneiro, aínda que xa están os borradores na devandita guía. En España esta convocatoria complementarase cunha Convocatoria Nacional de Propostas, pendente de publicación.
A Consellería de Cultura, Educación e O.U. ten previsto convocar unha xornada informativa sobre Erasmus+ o próximo mes de xaneiro en Santiago de Compostela.
 

 

Menús Learning object node R

Tema

Sección