Título node Learning object

"Xornada de Formación Inicial do Plan Proxecta: Programas Aliménta-T Ben, O Monte Vivo, Montentérate e Salvavidas" o 9 de novembro en Santiago de Compostela
Mér, 30/10/2013 - 14:30
Logo Plan Proxecta

A "Xornada de Formación Inicial do Plan Proxecta: Programas Aliménta-T Ben, O Monte Vivo, Montentérate e Salvavidas"  terá lugar este sábado 9 de novembro no CIFP Politécnico de Santiago cunha duración de 8 horas, cun horario de 9:45 a 20:00 e cun aforo máximo de 300 prazas.. O código de actividade en FPROFE é o G1302019.

Tamén están abertos os prazos de inscrición das outras dúas Xornadas de Formación Inicial do Plan Proxecta que tamén terán lugar no CIFP Politécnico de Santiago cunha duración de 8 horas, cun horario de 9:45 a 20:00 e cun aforo máximo de 300 prazas cada unha:

  1. Xornada dos programas Xogade, Deportivo de Centro e Máis e Mellor Actividade Física. Sábado 16 de novembro. Código de actividade en FPROFE:G1302017 (Límite do prazo de inscrición: luns 11 de novembro de 2013)
  2. Xornada dos programas Quérote+, Parlamento Xove, Rede de Centros Escolares Solidarios, Correspondentes Xuvenís 3.0,Por 365 días de respecto e igualdade e Donas de si. Sábado 30 de novembro. Código de actividade en FPROFE:G1302020 (Límite do prazo de inscrición: luns 25 de novembro de 2013)

Contidos

Cada xornada terá un bloque común centrado na "Elaboración de proxectos interdisciplinarios e cooperativos dentro do Plan Proxecta" e nas "Ferramentas dixitais para o desenvolvemento dos proxectos" e dúas seccións centradas nas características específicas e as dinámicas de cada programa e en exemplos de boas prácticas, con experiencias de proxectos xa realizados que sirvan como modelo para o desenvolvemento das actividades a levar a cabo en cada centro.

Procedemento de inscrición

A inscrición realízase accedendo FPROFE co usuario do correo EDU, pulsando a pestana Consulta/Inscrición, pegando o código da actividade ( G1302018, G1302019 ou G1302020 ) na caixa Referencia, pulsando o botón Buscar e elixindo a ligazón Inscribirse na actividade listada.