Os Departamentos de Orientación na Atención á Diversidade (DO)
Os Departamentos de Orientación na Atención á Diversidade (DO)

Os Departamentos de Orientación (DO) son un servizo interno de atención á diversidade existente nos centros educativos de secundaria e na maioría dos centros de primaria, que presta apoio ao propio profesorado do centro (especialmente os titores) e ao resto da comunidade educativa.

Entre os seus cometidos está o de intentar dar resposta ás necesidades de intervención ligadas a aspectos psicopedagóxicos e a cuestións socio-familiares que teñen incidencia no centro e polo tanto na organización da resposta que dende o centro se dea á diversidade do alumnado.

Foron creados polo Decreto 120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, e establecéndose a súa organización e funcionamento na Orde do 24 de xullo de 1998.

Procedemento para o traspaso de información
28/09/2012 | 14:52
O Equipo de Orientación Específico da Coruña (EOE) ven de impulsar a elaboración dun protocolo de coordinación entre os servizos educativos e sanitarios para a atención...
Folleto informativo: Atención á diversidade
21/09/2012 | 09:54
Trátase dunha publicación, en forma de folleto descargable, na que se trata de informar ao alumnado do que é a diversidade e o que lle ofrece no seu centro. Ten como finalidade a...