Outras diversidades
Outras diversidades

O obxectivo educativo na atención á diversidade do alumnado é conseguir que acaden o máximo desenvolvemento persoal e social posible, o que require unha adaptación da educación ás súas singularidades, que lles garanta unha igualdade efectiva de oportunidades e que se lles ofrezan os recursos necesarios.

Consideramos a diversidade como un elemento enriquecedor para o conxunto da sociedade, polo que recollemos aquí, ademais das diversidades recollidas na normativa especificamente educativa, outras diversidades peculiares ás que damos resposta tamén dende os centros educativos (minorías, diversidade cultural,...).

Ningunha circunstancia persoal ou social pode ser motivo de discriminación algunha á hora de organizar a atención educativa do alumnado, polo que os centros educativos deberán ofrecer unha resposta que compense as diferenzas individuais entre o alumnado.

Campamentos de verán para persoas con discapacidade. Ano 2019
04/04/2019 | 13:37
A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia oferta 185 prazas de campamentos de verán para persoas con discapacidade. Permiten gozar, durante 10 días, dunha estadía...
Programa Promociona. Polo éxito escolar da comunidade xitana
12/01/2012 | 14:53
  A Fundación Secretariado Gitano (FSG) é unha entidade social intercultural sen ánimo de lucro que presta servizos á comunidade xitana en todo o territorio español, nun total de...
Plan de acción para o desenvolvemento da poboación xitana 2010-2012
12/01/2012 | 13:58
A igualdade no acceso e goce dos dereitos sociais e a garantía dunha axeitada protección social son elementos clave no noso estado de benestar. Polo tanto é esencial que os...
12/01/2012 | 10:15
Dicionarios en liña AULEX en varios idiomas e linguas minoritarias (español-xitano español).  http://aulex.org/