Concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e PES, EOI, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de FP, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores...

Lun, 08/11/2021 - 08:57

Xúntase a Orde do 26 de outubro de 2021 pola que se convoca o concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación (código de procedemento ED012A).

O prazo de presentación de solicitudes e de documentación complementaria será desde o día 9 de novembro de 2021 ao 29 de novembro de 2021, ambos os dous incluídos. Finalizado este prazo non se admitirá ningunha nova solicitude nin a modificación das presentadas, e os seus termos terán carácter vinculante para as persoas solicitantes.