Presentación

 

O Centro de Formación e Recursos de Ourense é un órgano dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que ten como finalidade xerar un control activo da formación permanente do profesorado, incorporando periodicamente procesos de mellora e innovación na actualización e formación docente.

OBXECTIVOS

  • Situar ó centro educativo como nodo fundamental para a formación do profesorado.
  • Implementar unha formación permanente que chegue á aula.
  • Incrementar a calidade da formación do profesorado.

FUNCIÓNS

a) Detectar e recoller as demandas e necesidades de formación dos centros.

b) Xestionar e executar as accións formativas.

c) Promover accións de formación do profesorado nos centros.

d) Proporcionar ao profesorado un servizo de documentación e repositorio de materiais educativos en diferentes soportes.

 

MISIÓN

Promover o desenvolvemento profesional do profesorado para a mellora da práctica educativa, ofertando accións formativas diversificadas, dinámicas e innovadoras, que dean resposta ao dereito e á obriga de todo o profesorado á súa actualización científica, didáctica e relacional.

 

VISIÓN

Ser un lugar de referencia para o fomento e intercambio de coñecemento, para a innovación pedagóxica, para os recursos dispoñibles no desenvolvemento das accións formativas, buscando a calidade nos servizos prestados, a implicación e satisfacción de todos os axentes que interveñen, na procura da mellora das competencias profesionais docentes.

 

VALORES

Estimular o carácter dinámico e innovador co obxectivo de estar á vangarda das últimas tendencias metodolóxicas e tecnolóxicas.

Compromiso coa calidade formativa a través da implantación e desenvolvemento de sistemas de xestión dirixidos á mellora continua, acordes a modelos internacionalmente aceptados.