Presentación

O ámbito de actuación do CFR de Ferrol exténdese aos centros educativos con financiación pública nos concellos de Ferrol, Narón, Neda, Fene, Mugardos, Ares, Cabanas, Pontedeume, Monfero, San Sadurniño, Moeche, A Capela, As Somozas, As Pontes, Valdoviño, Cedeira, Cerdido, Ortigueira, Cariño e Mañón.

Ofrecendo os seus servizos a un total de 96 centros educativos con denominacións diversas: CEE,CEEPR, CEIP, CPI, CPR, IES, CIFP, CMUS, EPAPU, CPEE etc.

 

CENTROS DE FORMACIÓN E RECURSOS

Os Centros de Formación e Recursos son órganos que teñen como obxectivos a formación permanente do profesorado que imparte ensinanzas non universitarias, o intercambio de experiencias e reflexións sobre os procesos educativos e maila dinamización pedagóxica dos centros, como elementos que contribúen á mellora da calidade do ensino.

Están adscritos a cada Centro de Formación e Recursos tódolos profesores/as que imparten ensinanzas de niveis non universitarios e prestan servicios nos centros educativos do seu ámbito de influencia.

 

MISIÓN

Promover o desenvolvemento profesional do profesorado para a mellora da práctica educativa, ofertando accións formativas diversificadas, dinámicas e innovadoras, que dean resposta ao dereito e á obriga de todo o profesorado á súa actualización científica, didáctica e relacional.

 

VISIÓN

Ser un lugar de referencia para o fomento e intercambio de coñecemento, para a innovación pedagóxica, para os recursos dispoñibles no desenvolvemento das accións formativas, buscando a calidade nos servizos prestados, a implicación e satisfacción de todos os axentes que interveñen, na procura da mellora das competencias profesionais docentes.

 

VALORES

Estimular o carácter dinámico e innovador co obxectivo de estar á vangarda das últimas tendencias metodolóxicas e tecnolóxicas.

Compromiso coa calidade formativa a través da implantación e desenvolvemento de sistemas de xestión dirixidos á mellora continua, acordes a modelos internacionalmente aceptados.