FPBásicaSkills 2022. Competicións

Artes gráficas

Sede e data de celebración: CIFP Compostela (Santiago de Compostela), o día 25/05/2022
Horario da competición:

De 9:00 a 9:30. Café de benvida, acto de presentación, información xeral da competición, recoñecemento dos postos de traballo, explicación da probra, criterios de avaliación e entrega de material.

De 9:30 a 11:30. Primeira parte da competición.

De 11:30 a 12:00. Descanso.

De 12:00 a 14:00. Segunda parte da competición.

De 14:00 a 16:00. Descanso para xantar.

De 16:00 a 18:00. Terceira parte da competición.

De 18:00 a 18:30. Fin da competición, recollida de material e lugar de traballo e avaliación do xurado.

Familias profesionais:
Artes gráficas
Modalidade: Competición por parellas para alumnado de FP Básica
Ciclos formativos:
Centros e alumnado participante:
CIFP Leixa,
Angeline Alonso Domínguez
Lara Sánchez Sánchez
CIFP Montecelo,
Alejandro Sánchez Fensterseifer
Lucía González Braños
CIFP Compostela,
Ana Méndez Crespo
Verónica Parafita Sánchez
IES Rosalía Mera,
Sabela Ramilo Montero
Roxana Nicoleta Chiru Miclaus
CIFP Montecelo,
Iván Martínez Justo
Iker Méndez Romero
Descrición da competición:

A proba de carácter práctico, consistirá na realización e resolución dunha serie de exercicios ou actividades que permitirán valorar o dominio de habilidades e técnicas empregadas polo alumnado competidor. O tempo asignado para a realización desta proba será de 6 horas distribuídas en dúas quendas de catro horas de mañá, con descanso para comer, e dúas horas de tarde.

Actividade 1. Cartafol clasificador

Realización dun cartafol tamaño 300 X 250 mm pechada, en cartón, sen lapelas, con sistema de peche con gomas. O clasificador interior de tres (3) pregos en cartolina de 240 g/m2, con oco para facilitar a apertura en distintos niveis.

Actividade 2. Libro

Proceso de elaboración dun libro, tamaño A5, encadernado en tapa dura de estilo libre. Tripa, de 16 cadernos de 16 páxinas cosidos a fío con cabezada e marcapáxinas.

Actividade 3. Caderno A5

Caderno de notas tamaño A5 encadernado en Wire-O. Portada impresa de deseño en libre en papel estucado brillo de 270 g/m2, laminada con soporte brillo a dúas caras. Contraportada en cartón con soporte para bolígrafo na cella. Interior de 80 páxinas con papel offset de 90g/m2.

Actividade 4. Carta restaurante

Carta restaurante tamaño 180 X 310 mm. Portada e contraportada en tapa dura encadernada con tres (3) parafusos. Interior de 4 páxinas en papel offset de 90 g/m2, impresas a unha cara (1/C).

Actividade 5. Téxtil

Téxtil en camiseta impresa no sistema de sublimación, tamaño máximo A4 e de deseño libre.

Actividade 6. Portafotos

Lousa impresa no sistema de sublimación, tamaño 150 x 200 mm e de deseño libre.

Coñecementos relacionados co desenvolvemento da proba:

Informática básica:

  • Tratamento de textos e imaxes.

Acabamentos e finalización de produtos gráficos:

  • Procesos manuais de manipulación de produtos gráficos.
  • Acondicionamento da área de traballo.
  • Recursos para encadernacións.
  • Acabamentos en reprografía.
Xurado:
Presidente/a:
José Antonio Mato García

Vogais:
María Caridad Ballesteros
Ricardo Fernández Costas
Isela García Pintos
Silvia María López Costa
María Outón Parada
Medalla de ouro:
Ana Méndez Crespo
Verónica Parafita Sánchez

Titor/a: María Outón Parada
Centro: CIFP Compostela
Medalla de prata:
Angeline Alonso Domínguez
Lara Sánchez Sánchez

Titor/a: Isela García Pintos
Centro: CIFP Leixa
Medalla de bronce:
Sabela Ramilo Montero
Roxana Nicoleta Chiru Miclaus

Titor/a: María Caridad Ballesteros
Centro: IES Rosalía Mera

Acceda á ficha das demais especialidades: