Currículos e perfís profesionais dos ciclos formativos

Proposta de relación e distribución horaria dos módulos profesionais derivada da Lei 3/2022

Currículos

Nesta sección poderá atopar os perfís profesionais dos distintos ciclos formativos que se ofertan nos centros educativos da Comunidade Autónoma. No perfil profesional de cada ciclo formativo poderá atopar información sobre a competencia xeral, postos de traballo máis relevantes, módulos así como o título que se obtén.

Por outro lado, poderá acceder e/ou descargarse os ficheiros que conteñen os currículos dos ciclos formativos publicados no Diario Oficial de Galicia.

Hai ciclos formativos con algunha observación en canto a aplicación do currículo ou algún outro particular. Estes ciclos formativos van precedidos dun asterisco (*).

Nota importante:

No BOE de 28.05.2024 publicáronse catro reais decretos que modifican diversos aspectos dos reais decretos polos que establecéronse os títulos de formación profesional. Entre estas modificacións figuran:

  • As cualificacións profesionais e unidades de competencia que están incluídas nos distintos títulos.
  • A correspondencia entre módulos profesionais e unidades de competencia para a súa validación ou a súa acreditación (máis información).
  • As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais.

Por lo tanto, a documentación e a normativa que figura no seguinte apartado debe ser complementada coa que se recolle nos seguintes reais decretos:

  • Real decreto 497/2024, do 21 de maio, polo que se modifican determinados reais decretos polos que se establecen, no ámbito da Formación Profesional, cursos de especialización de grao medio e superior e fíxanse as súas ensinanzas mínimas.
  • Real decreto 498/2024, do 21 de maio, polo que se modifican determinados reais decretos polos que se establecen títulos de Formación Profesional de grao básico e fíxanse as súas ensinanzas mínimas.
  • Real decreto 499/2024, do 21 de maio, polo que se modifican determinados reais decretos polos que se establecen títulos de Formación Profesional de grao medio e fíxanse as súas ensinanzas mínimas.
  • Real decreto 500/2024, do 21 de maio, polo que se modifican determinados reais decretos polos que se establecen títulos de Formación Profesional de grao superior e fíxanse as súas ensinanzas mínimas.

Escolla a familia profesional do seu interese para ver unicamente os ciclos formativos desta.

Electricidade e electrónica



Doc DOG RD
LOOIFP D1ELE001100 Electricidade e electrónica
LOOIFP D1ELE001200 Instalacións electrotécnicas e mecánica
LOOIFP D2ELE000100 Instalacións eléctricas e automáticas
LOOIFP D2ELE000200 Instalacións de telecomunicacións
LOOIFP D3ELE000100 Sistemas electrotécnicos e automatizados
LOOIFP D3ELE000200 Sistemas de telecomunicacións e informáticos
LOOIFP D3ELE000300 Automatización e robótica industrial
LOOIFP D3ELE000400 Mantemento electrónico
LOOIFP D3ELE000500 Electromedicina clínica