MELE01
MELE01 - Instalacións eléctricas e automáticas
Que se aprende a facer?
Montar e manter infraestruturas de telecomunicación en edificios, instalacións eléctricas de baixa tensión, máquinas eléctricas e sistemas automatizados, conforme a normativa, a regulamentación e os protocolos de calidade, seguridade e riscos laborais, asegurando a súa funcionalidade e o respecto polo medio.
En que ámbitos se traballa?
En pequenas e medianas empresas, nomeadamente privadas, dedicadas á montaxe e ao mantemento de infraestruturas de telecomunicación en edificios, máquinas eléctricas, sistemas automatizados, instalacións eléctricas de baixa tensión e sistemas domóticos, tanto por conta propia como por conta allea.
Que ocupacións se desempeñan?
Instalador/ora mantedor/ora electricista. Electricista de construción. Electricista industrial. Electricista de mantemento. Instalador/ora mantedor/ora de sistemas domóticos. Instalador/ora mantedor/ora de antenas. Instalador/ora de telecomunicacións en edificios de vivendas. Instalador/ora mantedor/ora de equipamentos e instalacións de telefonía. Montador de instalacións de enerxía solar fotovoltaica.
Cales son os módulos?
| Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
|---|---|---|---|---|---|
| 1º | MP0232 | Automatismos industriais | 213 | 8 | |
| 1º | MP0233 | Electrónica | 107 | 4 | |
| 1º | MP0234 | Electrotecnia | 213 | 8 | |
| 1º | MP0241 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
| 1º | MP0235 | Instalacións eléctricas interiores | 320 | 12 | |
| 2º | MP0242 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
| 2º | MP0243 | Formación en centros de traballo | 410 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).