Skip to Content

Crear unha categoría "borrador"

Resulta que os usuarios autenticados que non son administradores non teñen acceso a administrar contidos. É dicir publican os seus contidos nun menú e se teñen permiso poden volver a editalos, pero cando fan un contido e non o rematan non o poden publicar en ningún menú e logo non poden recuperalo.

Solución posible:

Creamos un menú chamado Borrador accesible aos usuarios correspondente. Cando teñen un contido a medio facer, para non perdelo, publícano no menú Borrador e logo cando o queiran recuperar entran en dito menú, editan o contido e logo publícano no lugar correspondente.

Importante que dito menú borrador só sexa visible polo correspondente rol e non por todo o mundo.

 

Tamén podemos usar a carpeta borrador para que aqueles usuarios aos que lle vamos impedir publicar directamente os seus contidos no espazo web. Eses usuarios limitámoslles a publicación á carpeta BORRADOR ou MODERADOR ou TRIBUNAL DA INQUISICION. Esa carpeta só a poden ver eles cando crean contido e non teñen outro sitio onde publicar.

Logo, o moderador cando entrar, busca dita carpeta e aproba ou elimina os contidos. Se os aproba, teraos que editar para colocalos no menú pertinente.

Poderiamos crear tantas carpetas para moderar como roles desexemos controlar.

Se o rol alumnado está moderado, só lle permitiriamos publicar (crear) na carpeta CENSURA. Logo o administrador ou profe con permisos entra na carpeta e publica o contido na revista, en deportes, etc, onde sexa o lugar para o que se elaborou.



page | by Dr. Radut