Skip to Content

Embedar diferentes formatos

Despois de consultar todas as respostas que tedes no foro, aínda non podo embedar o mapa do centro desde google maps (ao igual que os comentarios doutros compañeiros, desaparece o código unha vez inserido no editor html); xa está activado o tipo de arquivo .kml

Por outra banda, tampouco son capaz de incrustar unha actividade lim. Probei a gardar todos os arquivos nos meus arquivos persoais; a gardalos en dropbox e inserir o código que me indican; a facelo desde arquivos adxuntos; probei en flash, shockwave... Non se pode facer? Teño que activar algo?

Grazas pola vosa axuda.

Navegador para a edición...

Pode ser debido ao navegador que esteas empregando para a edición dos contidos. Temos detectado que estes problemas suceden cando se emprega o navegador Internet Explorer.

De ser esta a situación, proba a pegar o código a embeber empregando o navegador Mozilla Firefox, que é o que recomendamos para a realización de todas as labores de edición.

Un saúdo.



forum | by Dr. Radut