Skip to Content

Non me aparece o acceso de administrador na paxina e aparece a seguinte mensaxe...

Non me aparece o acceso de administrador na páxina e aparece a seguinte mensaxe: uid) : ?> Usuario: name,'user/'.$user->uid); ?> | Iniciar sesión: Como me estou iniciando en Drupal, entrei no bloque inicio sesión 2, e no corpo do bloque debín borrar algo, pero non sei o que, xa que no corpo do bloque aparece esa mesma mensaxe: uid) : ?> Usuario: name,'user/'.$user->uid); ?> | Iniciar sesión: A quen me axude. Moitas grazas Coordinador TIC´S Ceip de San Roque-Corón. Vilanova de arousa

Inicio de sesión 2

Moitas grazas, pero ademais de facer o que nos di o comentario: Código PHP para bloque Inicio de Sesión 2. Para que nos apareza o inicio de sesión na páxina principal ó pechar a sesión de administrador, temos que ter activado a opción "anonymous user" na pestana opcións de visibilidade específicas do rol. Un saudo. Ata pronto. E moitas grazas de novo

Código PHP para bloque Inicio de Sesión 2

Boas compañeiros, gracias a vós detectamos un pequeno problema que non sabemos si é xeneralizado para todos os novos centros ou non, pero ten sinxela solución. Estamos traballando para dar unha solución, pero de momento podedes facer o seguinte:

  • En "Administrar > Construción da páxina > Bloques > Inicio de Sesion 2 > Configurar". Seleccionar "php code" e clicando previamente en "disable rich-text", eliminar o código existente e pegar este:


    <?php global $user; ?>
    <?php if ($user->uid) : ?>
    Usuario: <?php print l($user->name,'user/'.$user->uid); ?> |
    <?php print l("Pechar","logout"); ?>
    <?php else : ?>
    Iniciar sesi&oacute;n: <?php print l("Acceso","user/login"); ?>
    <?php endif; ?>

Un sáudo e ánimo!

-----------------

Grupo de Asesores SIEGA



forum | by Dr. Radut